Ledicia nun día da Ascención pasado por auga
A pesares da chuvia, moitos compostelanos saíron as rúas a desfrutar das distintas actividade aínda que algunhas foron canceladas polas inclemencias metereolóxicas
As festas da Ascensión arrancaron este xoves en Compostela nun día aciago no que ao tempo se refire pero con ledicia polo carácter festivo do mesmo. O tempo non foi impedimento para que maiores e pequenos desfrutasen das distintas actividades que tiveron lugar este xoves por toda a cidade coma a Comparsa de Cabezudos na Quintana ou o espectáculo e títeres "Dona Barriga Verde", a cargo de Larraiz Producións Artísticas e que tivo lugar na alameda.
Sen embargo, outras actividades programadas para este xoves tiveron que ser canceladas por mor do tempo como foi o caso do concerto que a Banda de música e Brincadeira ían ofrecer ás 19:30 horas na Quintana, ou as alboradas.
O certo é que a xente tia ganas de volver a vivir unha festa aínda que fose cas medidas de seguridade pola Covid. Di que en Santiago á chuvia é arte e os espectáculos de este xoves así o demostraron.
A xornada rematou co concerto no O bradoiro de Cepeda, Andrés Suárez e Sidecars.