jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A chuvia segue sendo protagonista

A chuvia segue sendo protagonista
A chuvia segue sendo protagonista

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 17 graos en Santiago

O xoves teremos a chegada dunha fronte activa que deixará unha mañá de ceos cubertos con chuvias puntualmente intensas e unha tarde de chuvascos ocasionais con apertura de claros. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de moderado do suroeste e virará a frouxo do noroeste a partir do mediodía tralo paso da fronte.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más