Continúa o tempo de chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 16 graos
Despois do paso da fronte durante a madrugada, o mércores quedaremos nunha zona de chuvascos. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias de carácter intermitente máis frecuentes pola mañá e que serán máis illadas e ocasionais co avance do día. As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o mércores e o xoves. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.
Fuente: Meteogalicia