jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Avanzan as obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro

Avanzan as obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro
Avanzan as obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro

A través deste proxecto, que se enmarca dentro da EDUSI Impulsa Ames, estase acondicionando esta zona verde do Milladoiro. O final das obras que está realizando a empresa CYS HISPANIA SL, está previsto para final deste mes de maio. Está previsto que o parque á veciñanza se abra coincidindo coa apertura das piscinas descubertas do Milladoiro, prevista para o 15 de xuño.

O Concello de Ames está inmerso no desenvolvemento do Plan Impulsa Ames, que se enmarca dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI). Un dos proxectos que se está executando é o acondicionamento do novo parque verde central do Milladoiro. Este proxecto foi adxudicado á empresa CYS HISPANIA SL por un importe de 130.706 euros.

Este martes o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitaron dito parque, acompañados do director da obra e da arquitecta municipal. Debido ao recente cambio de alcalde, este proxecto pasou a depender da unidade de execución da EDUSI Impulsa Ames que depende da concelleira Susana Señorís. Anteriormente dependía da unidade de execución de Blas García, pero o alcalde non pode coordinar ningunha unidade de execución xa que é unidade de xestión da EDUSI Impulsa Ames.

O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “as obras avanzan a bo ritmo e está previsto para final deste mes de maio. Está previsto que o parque á veciñanza se abra coincidindo coa apertura das piscinas descubertas do Milladoiro, prevista para o 15 de xuño”. Ademais, destaca que a través desta actuación acondicionaranse máis de 10.000 metros cadrados de zonas verdes no Milladoiro. O novo parque verde central do Milladoiro vai a dar continuidade a zona onde xa está instalada a zona deportiva e educativa do Milladoiro”.

Acondicionamento das zonas verdes do Milladoiro
A través deste proxecto estanse acondicionando o espazo que está xunto á zona de instalacións deportivas (pavillón, pistas deportivas, piscina descuberta, etc), Casa da Cultura e instituto. O obxectivo é gañar unha zona de esparexemento e paseo na parte alta do núcleo urbano con zonas de descanso, camiños e areas de xogo. Nesta actuación, que abarca unha superficie de 12.000 metros cadrados de extensión, vaise reordenar o espazo para mellorar as zonas verdes do Milladoiro.

Deste xeito, estanse creando medio quilómetros de novas sendas peonís; acondicionando os accesos ao parque segundo a normativa de accesibilidade; instalarase un novo sistema de alumeado LED con 23 novas luminarias; instalaranse 2 mesas de tenis de mesa; novo mobiliario urbano (8 bancos e mesas), 14 papeleiras e 2 fontes (unha delas accesible); e un novo sistema de drenaxe e rego automático. Tamén se plantará nova vexetación (35 carballos e 9 abeleiras) e plantaranse enredadeiras en 9.500 metros cadrados.

Ademais, acondicionarase e ordenarase o espazo verde da zona alta do Milladoiro que está conectado, a través dunhas escaleiras e unha rampla accesible, coa Travesía do Porto, que foi urbanizada 2018 e na que se investiron 245.993 euros. Nesta mesma zona tamén se fixo unha rehabilitación das pistas polideportivas e da piscinas descubertas, construíuse un parque infantil accesible, instaláronse diferentes elementos biosaudables, e construíuse un anfiteatro e un parque de calistenia para á mocidade.

Senda peonil ata a zona baixa do Milladoiro
A intención do goberno municipal é potenciar este novo parque verde central do Milladoiro, xa que a zona urbanística cara onde ten que medrar de forma natural esta localidade amesá. Isto é o que segundo o propio Goberno municipal se está tratando de facer no Milladoiro. Deste xeito nunha segunda fase vanse a investir máis de 150.000 euros de fondos europeos FEDER, para realizar unha senda e zona de paseo no monte na contorna das rúas do Rego e da Costa Grande, e por debaixo do viaduto da AP-9.

A concelleira Susana Señorís salientou "a importancia destas obras porque van a recuperar para o paseo e o deporte unha zona do Milladoiro que agora mesmo está moi pouco utilizada, e é necesario que o núcleo máis grande do concello conte con máis zonas de ocio e esparexemento".

Comentarios
Lo más