jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza con auga

A semana comeza con auga
Foto ; Meteogalicia
A semana comeza con auga

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 15 graos

Non se agardan cambios significativos para o martes, con Galicia na influencia das baixas presións e réxime de ventos do oeste. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes a mañá e máis illados e ocasionais á tarde. Ao final do día chegará unha fronte polo litoral atlántico que deixará chuvias en toda a Comunidade co avance da noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en zonas altas, e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente oeste, aumentando a forte pola noite.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.


Fuente: Meteogalicia 





Comentarios
Lo más