jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Padrón firma un convenio de colaboración con ACOUGO

Padrón firma un convenio de colaboración con ACOUGO
Padrón firma un convenio de colaboración con ACOUGO

Na actualidade, no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras

O Concello de Padrón e a Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO) formalizaron esta semana o seu convenio de colaboración, mediante o que se asentan as bases para o desenvolvemento de programas de atención, formación e difusión de sistemas de protección de menores e de acollemento familiar. Este compromiso de colaboración implica a realización de actividades conxuntas para a difusión, así como a creación de ferramentas de protección para as familias acolledoras.

Deste xeito, no marco deste convenio o Executivo local axudarán ás unidades familiares de acollemento na realización de xestións e trámites para que os pequenos poidan ir aos comedores escolares, ás actividades deportivas ou á escola infantil.

Na actualidade, no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras mentres que en toda Galicia hai 329 familias acolledoras e máis de 1.300 nenos e nenas en centros de acollida, segundo os últimos datos recollidos. Dende ACOUGO afánanse por dar a coñecer entre a sociedade a realidade de nenas e nenos en situación de desprotección e en axudar as familias de acollida en todos os seus trámites.

Comentarios
Lo más