Domingo de chuvia
En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 12 e os 15 graos
Unha fronte comezará a atravesar Galicia durante a noite do sábado ó domingo deixando chuvias localmente fortes, sobre todo no oeste da Comunidade. Co avance da mañá quedaremos na zona de chuvascos, que serán intermitentes durante o día e poderán ter ocasionalmente carácter tormentoso. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un descenso entre moderado e notable. Os ventos soprarán do sudoeste, frouxos ao principio do día, aumentando a moderados pola tarde.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas en descenso moderado.