jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O Centro Empresarial do Tambre acolleu un curso de soporte vital

O Centro Empresarial do Tambre acolleu un curso de soporte vital
O Centro Empresarial do Tambre acolleu un curso de soporte vital

A sede da Asociación Área Empresarial do Tambre está a vivir unhas semanas de intensa actividade, con diferentes accións formativas e reunións de empresas da contorna empresarial

O Centro Empresarial do Tambre acolle estes días un curso de “Instrutor de soporte vital básico e manexo de desfibrilador semiautomático” organizado pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) no marco do programa Programa de Enseñanza de Soporte Vital en Atención Primaria (ESVAP) e avaliado polo Consejo Español de RCP (CERCP).

O curso celebrouse onte e continúa hoxe xoves coa participación de 18 alumnas e alumnos, coa garantía de todos os protocolos sanitarios estipulados nesta pandemia da covid-19 (uso de máscara FPP2 e distancia de seguridade). A formación, impartida polo grupo de urxencias de AGAMFEC con máis de quince anos de experiencia formativa, está destinada a sanitarios e profesionais non sanitarios como socorristas ou bombeiros. O programa formativo dividiuse nunha fase online para os conceptos teóricos e unha fase presencial para a formación práctica.

O Centro Empresarial do Tambre, sede da Asociación Área Empresarial do Tambre, está tendo unhas semanas de intensa actividade. Actualmente, estase a desenvolver un curso de dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil no marco do Programa Integrado de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre 2020/21, financiado pola Xunta de Galicia con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, a través do servizo de Programas Mixtos da dirección xeral de Formación e Colocación. A formación, que se estenderá durante todo o mes de maio, está acreditada cun certificado de profesionalidade para aquelas persoas participantes que rematen con éxito as máis de 300 horas, entre teoría e práctica, que compoñen o programa.

Aprenderán as dinámicas para organizar, dinamizar e avaliar actividades de tempo libre, aplicando técnicas de animación grupal e incidindo na educación en valores e na prevención de riscos.

De xeito paralelo, o Centro Empresarial do Tambre recibe a diferentes empresas da área empresarial que escollen a asociación para celebrar reunións e impartir accións formativas destinadas ás súas traballadoras e traballadores. O centro naceu co obxecto de ser lugar de encontro para as empresas da contorna empresarial e, así, as firmas asociadas poden utilizar gratuitamente as instalacións no seu horario habitual facendo reserva previa das salas.

Comentarios
Lo más