Hostalaría Compostela alégrase da ampliación de horarios no sector tralo fin do estado de alarma
A Asociación compostelá pide que os avances sexan firmes e non se dean pasos atrás
A Asociación Hostalaría Compostela celebra as novas normas que anunciou o presidente da Xunta e que supoñen que a partir do domingo Galicia deixe de estar pechada perimetralmente, se suprima o toque de queda (exceptonos municipios con restrición máxima) e se amplíen os horarios do bares -ata as 23:00 horas-e restaurantes -ata a 1:00.
A entidade recorda que aínda son moitos os hoteis e pensións de Santiago e a súa comarca que continúan pechados agardando por unha melloría da situación, negocios que se verán beneficiados polo cese do peche perimetral da comunidade. Por outra banda, a entidade valora que cafeterías e bares que tamén serven pratos combinados ou racións poidan ter a posibilidade de estar abertos durante o horario de ceas, pois se consideraba un agravio comparativo en relación aos restaurantes.
“É unha moi boa noticia que pouco a pouco o sector poida ir volvendo á normalidade. Preferimos que os pasos que se dean sexan firmes, pero seguros. O que sería terrible sería dar pasos atrás. Moitos negocios están nunha situación límite despois de máis dun ano de pandemia e non o soportarían”, opinan desde a Asociación.