jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A exposición “20 anos de Proxecto Terra” mostra os traballos sobre arquitectura, territorio e paisaxe realizados por 35 centros educativos galegos e o seu alumnado no Museo da Cidade da Cultura

A exposición “20 anos de Proxecto Terra” mostra os traballos sobre arquitectura, territorio e paisaxe realizados por 35 centros educativos galegos e o seu alumnado no Museo da Cidade da Cultura
A exposición “20 anos de Proxecto Terra” mostra os traballos sobre arquitectura, territorio e paisaxe realizados por 35 centros educativos galegos e o seu alumnado no Museo da Cidade da Cultura

Este proxecto de cooperación co mundo educativo está promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia, co cofinanciamento da Xunta de Galicia e a APLU, e a colaboración doutros organismos

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia (APLU) da Xunta de Galicia inauguraron  no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago a exposición conmemorativa “20 anos de Proxecto Terra”, un proxecto de cooperación co mundo da educación dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar de Galicia debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos.

A exposición mostra o traballo realizado polo profesorado e alumnado de 35 centros educativos galegos durante estes 20 anos. Asistiron ao acto a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia; a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; a directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; o director da APLU, Jacobo Hortas; ademais de membros da actual xunta de goberno do COAG e os últimos cinco exdecanos do colexio oficial: José Manuel Rey Pichel (1989- 2003), Teresa Táboas (2003-2005), Celestino García Braña (2005-2011), Jorge Duarte (2011-2013), e Antonio Maroño (2013-2019).

A mostra permanecerá aberta ao público ata o 27 de xuño

A exposición está formada por paneis de presentación coa información xeral e un mapa de madeira en gran formato (1,40 x 1,90 m) do noroeste peninsular con saídas e intercambios territoriais realizados polos centros. En total, conta con 40 paneis con traballos académicos de centros de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Superior de toda Galicia, divididos en catro seccións: hábitat, arquitectura e urbanismo, paisaxe e territorio e actividades complementarias. Ademais, consta de diferentes elementos elaborados polo alumnado; un xogo de mesa que acompaña a un proxecto sobre o hábitat do Miño; catro maquetas elaboradas polos escolares; un cartaz mosaico en gran formato (1,48 x 2,00 m) da portada do cómic de Miguel Anxo Prado "A mansión dos Pampín" feito polo alumnado do IES Terra de Trasancos de Narón; vinilos formados con detalles das ilustracións de Lucía Escrigas nas que se baseou a imaxe xeral desta mostra; e unha casiña de madeira ligada a unha actividade didáctica pensada para as visitas dos centros educativos con alumnado máis cativo. A mostra permanecerá aberta ao público na Cidade da Cultura ata o 27 de xuño.


Comentarios
Lo más