Comezan a aparecer as nubes en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 18 graos
O martes será unha xornada de transición na que iremos perdendo progresivamente a influencia da altas presións e así a estabilidade. Amenceremos con ceos pouco nubrados en xeral e co avance do día as nubes irán entrando polo noroeste. A noite será xa de ceos moi nubrados con posibilidade de orballos. As temperaturas seguirán sen cambios. O vento soprará de compoñente oeste frouxo en terra, con intervalos moderados no litoral norte.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións do martes pola noite ó mércores pola mañá, do mércores pola noite ó xoves pola mañá e o xoves pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.
Fuente: MEteogalicia