Nova concentración da Plataforma de Pensionistas de Compostela
En defensa dunhas pensións dignas
Este luns, tres de maio, a Plataforma Pensionistas Compostela volveu a concentrarse ás doce da mañá na praza do Obradoiro en defensa dunhas pensións dignas e duns servizos sociosanitarios a maiores e dependentes, públicos e de calidade.
“Unha vez máis queremos trasladar ao Goberno do Estado que non pararemos de mobilizarnos ata que se garantan as pensións nos Orzamentos Xerais do Estado e a súa revalorización de acordo ao IPC anual; e se recolla na Constitución Española a garantía das pensións públicas”, defenden dende a Plataforma
"Volvemos porque tampouco podemos silenciar que son moit@s @s pensionistas que viven no limiar da pobreza, moitas as mulleres que sofren a fenda de xénero en salarios e pensións, moitas as viúvas que seguen sen cobrar o 100% da súa base reguladora, e que seguen a esperar que a Reforma do Sistema de Pensións poña fin a tales situacións", apuntan dende a Plataforma.