miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PAI da Baña inicia o luns o período de reserva de praza e solicitude de novos ingresos para o curso 2021-2

O PAI da Baña inicia o luns o período de reserva de praza e solicitude de novos ingresos para o curso 2021-2
O PAI da Baña inicia o luns o período de reserva de praza e solicitude de novos ingresos para o curso 2021-2

As familias con nenos matriculados deberán solicitar a reserva antes do día 7 e as de novo ingreso entre o 12 e o 26 de maio

O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña inicia o próximo luns, 3 de maio, o período de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2021-22, cun proceso diferenciado para aquelas familias que xa teñen menores escolarizados no centro e as que desexen incorporarse por primeira vez. Poden solicitar unha praza no centro os nenos e nenas dende os 3 meses e 3 anos. O procedemento de reserva de praza e matrícula saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o luns 26 de abril.

As datas polas que se rexerá o procedemento de matricula para o vindeiro curso son as seguintes:

 Solicitude de reserva de praza: 3 a 7 de maio  Publicación de prazas vacantes: 10 de maio

 Solicitude de novos ingresos: 12 a 26 de maio

 Publicación de solicitudes presentadas e requerimentos de emendas: 28 de maio

 Subsanación de documentación e reclamacións: 3 a 16 de xuño

 Publicación de listas provisionais: 17 de xuño

 Prazo de alegacións as listas provisionais: 18 a 27 de xuño

 Publicacións de listas definitiva: 29 de xuño

 Prazo de matrícula: 30 xuño a 14 de xullo

 Inicio curso 2021-22: 1 de setembro

As familias que teñen crianzas no PAI deberán presentar no despacho da educadora familiar o modelo de solicitude de reserva, o libro de vacinas actualizado a calquera outra documentación que mudase con respecto ao curso anterior. Para poder reservar praza deberán estar ao corrente de pagamento das tarifas mensuais.

Para as familias de novo ingreso, terán carácter preferente na solicitude de praza os nenos e nenas empadroados no Concello da Baña, os fillos e fillas do persoal que presta servizo no PAI, aqueles que menores que xa teñan un irmán ou irmá escolarizado no presente curso e os casos de emerxencia social. Todas estas situacións deberán xustificarse conforme figura no BOP.

Os criterios de baremación para as solicitudes de novo ingreso de carácter ordinario figura no Boletín Oficial da Provincia e pódese consultar tamén no documento adxunto.

Comentarios
Lo más