Segue arrefriando o tempo en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 13 graos
O xoves Galicia queda nunha situación pouco definida entre alta e baixas presións, con aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos con algún chuvasco illado e ocasional pola tarde máis probable en zonas altas. As temperaturas sufrirán un descenso, que será máis acusado nas mínimas, con formación de xeadas illadas no interior. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando en intensidade a moderado pola tarde.
En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o sábado pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.
Fuente: Meteogalicia