Domingo de chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 20 graos
Galicia continuará durante o domingo nunha situación de inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros e chuvascos, localmente treboentos, máis probables pola tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas no extremo norte. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable, virando progresivamente ó nordés na costa norte.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións do sábado pola tarde ó domingo pola tarde e o luns pola tarde, que poderán ser treboentas o domingo pola tarde. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios.