miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Demandan o programa de conciliación para o verán

Demandan o programa de conciliación para o verán
Foto de arquivo
Demandan o programa de conciliación para o verán

María Rozas insta ao concelleiro de Educación a “non repetir os erros de Semana Santa, cando cancelou a actividade, ou de Nadal, cando impuxo uns prezos inasumibles para as familias”

A Federación de Anpas Compostela preguntase nun comunicado remitido ós medios de comunicación se "teremos programa de conciliación este verán o 'non haberá demanda'"? Así versa o comunicado.

Quedan menos de dous meses para que remate este curso escolar e comece o verán para todos os cativos e cativas composteláns. Un verán por diante no que as familias precisamos dun espazo educativo e de lecer para os nosos fillos e fillas, tamén de coidado e custodia porque o verán só comeza para eles.

Un ano máis,  reclamamos que a Concellería  de educación dea resposta real ás necesidades das familias compostelás e asuma a súas competencias poñendo en marcha un programa de verán que permita a conciliación das nais e país, un  programa  accesible  para todas, pola súa ubicación e polo seu custo.  Un programa accesible tamén porque debe chegar  a tempo para responder a esta necesidade que ano tras ano comeza o 23 de xuño,   e non agardar a que inevitablemente non haxa demanda.

Así mesmo, Compostela Aberta  preguntará no próximo Pleno polo programa municipal de conciliación de verán, para coñecer se tén previsto o seu desenvolvemento ou se acontecerá como na pasada Semana Santa, cando o Goberno optou pola supresión dunha actividade moi necesaria para as familias. A concelleira María Rozas lembra que estamos a escasos días de que deberan abrirse os prazos de inscrición no programa, seguindo os calendarios de anos anteriores, “e unha vez máis nada sabemos sobre os plans da concellería de Educación ao respecto”.

Tal e como lembrou María Rozas, o habitual é que os prazos de inscrición para participar no programa municipal de conciliación de verán se desenvolva na segunda quincena do mes de maio, “pero para iso previamente tén que estar aprobado o programa, polo que outra vez parece que o Goberno vai cos prazos xustos, se é que tén vontade de manter esta actividade, na que habitualmente participaban en torno a 250 nenos e nenas de Santiago”.

A concelleira de Compostela Aberta sinalou que “este modus operandi da concellería de Educación obriga ás familias a procurar alternativas, porque moitas nais e pais non poden agardar ao último momeno para saber con quen e onde van deixar ás súas crianzas cando elas están de vacacións escolars e os proxenitores teñen que seguir traballando”. María Rozas instou ao Goberno a “non repetir o acontecido na Semana Santa, cando o de Santiago foi un dos poucos concellos da nosa contorno que non ofertou un programa municipal de conciliación, que sí houbo noutros municipios como Ames, Teo ou Ordes”. 

Tamén reclamou que, no caso de planificar o servizo, “manteña uns prezos similares aos previos á pandemia da Covid-19, e non volva establecer as tarifas que impuxo no programa de conciliación de Nadal, completamente inasumibles para a maioría das familias, que multiplicaban as doutros concellos, e que mesmo estaban por riba dos prezos de actividades similares ofertadas por empresas privadas

Comentarios
Lo más