miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reclaman servizos de calidade para Santa Marta

Reclaman servizos de calidade para Santa Marta
Reclaman servizos de calidade para Santa Marta

Entre as demandas figuran a mellora da recollida de lixo, a construcción do prometido centro deportivo, ou o mantemento das rúas

Borja Verea, presidente dos populares composteláns, acompañado do portavoz municipal Alejandro Sánchez Brunete percorreron xunto con membros da Asociación de Veciños de Santa Marta “VEDESMA” o seu barrio para coñecer de primeira man as súas demandas e necesidades.

Verea destacou que “o barrio de Santa Marta experimentou nos últimos anos unha das maiores transformacións da cidade e os servizos deberían ter medrado ao mesmo ritmo, algo que non está a suceder”, engadindo que “Santa Marta comparte a esencia do antigo barrio coas novas edificacións que supuxeron a chegada de familias que agora demandan servizos de calidade”.

Ademais, Borja Verea, salientou entre as deficiencias reiteradamente denunciadas o mal estado dos contenedores que “habitualmente están desbordados especialmente na contorna dunha grande superficie e dos principais locais de restauración porque o concello non é quen de colocalos de maior tamaño”. Neste senso tanto el como Sánchez Brunete lembraron que “un servizo de recollida de lixo moderno e contenedores novos, suficientes e de calidade é unha débeda pendente que segue sen cumplirse a pesar dos anuncios constantes” concluíndo que “a nova licitación é aínda o inicio dun longo expediente que leva anos de retraso, a realidade da cidade é a que vemos todos os días”.

Desde o Partido Popular de Santiago aproveitaron tamén para lembrar o incumprimento por parte do goberno municipal dunha das súas promesas electorais como era a de construir un centro deportivo na zona Sur da cidade con piscinas cubertas para todas as familias destes barrios e que, según prometeron, estaría especializada en uso escolar pola mañá e en clubes de natación pola tarde.

Outras peticións do barrio ían na liña de pedir un mellor mantemento e limpeza dos pavimentos e beirarrúas, lembrando por exemplo que os bordillos seguen a causar destrozos nos vehículos e aproveitaron tamén para pedir unha solución ao aparcamento do CHUS onde non hai ningún tipo de control sobre os espazos de estacionamento.

MURAL DE ESPIÑEIRA DE JULIO FERREIRO

Os populares composteláns tamén se achegaron a visitar o Mural de Espiñeira que dende hai ano e medio está construindo o veciño Julio Ferreiro. Para Verea “estas iniciativas espontáneas dos veciños son o mellor exemplo de que a cidade leva anos paralizada e a xente vai moi por diante do concello” destacando que “o abandono polo goberno municipal da rúa Espiñeira supuxo esta reacción creativa de Julio Ferreiro , unha mensaxe artística de crítica pero tamén de solidariedade” e que seguro que co tempo convertirase “nun símbolo da expresión veciñal e da capacidade que temos para cambiar as cousas, neste caso unha rúa en mal estado, mal coidada e punto de consumo de estupefacientes, por un mural colorista visitado por moitos veciños“

Comentarios
Lo más