Case 11.000 persoas están chamadas en Galicia a participar en cribados da covid esta fin de semana
10:00 24/04/21
10:00 24/04/21
A Consellería de Sanidade informou que, nesta fin de semana, un total de 10.725 persoas están chamadas a participar nos cribados que buscan identificar novos casos asintomáticos entre a poboación.
A a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai citadas para este sábado 900 persoas en Cartelle, 600 en Lobios, 400 en Muíños e 150 en Lobeira.
No que respecta á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Saúde Pública convocou para a realización de probas PCR a 1.445 persoas o domingo, en Cambados, con idades comprendidas entre os 20 e os 29 anos.
Na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, concretamente no concello de Lugo, están chamadas 230 persoas, o sábado e o domingo, con idades entre os 60 e os 80 anos.
Así mesmo, continúan outros cribados que empezaron hai días, como o da cidade da Coruña, con 4.250, e o de Vigo, ao que se convocaron 8.000 persoas.