miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana acaba con chuvia

A semana acaba con chuvia
Foto: Meteogalicia
A semana acaba con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 20 graos

O venres Galicia queda na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Fisterra que deixa un réxime de ventos do sur con entrada de aire cálido. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará compoñente sur, frouxo en xeral, moderado no interior.ç

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas en ascenso moderado.

Fuente: Meteogalicia



Comentarios
Lo más