miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O compostelano que chama ás portas de Tokio

O compostelano que chama ás portas de Tokio
O compostelano que chama ás portas de Tokio

O mestre de esgrima compostelano Xosé Piñeiro adestra en Valladolid a Begoña Garrido

Hai xa case catro anos que Xosé Piñeiro incorporouse como adestrador ao Valladolid Club de Esgrima e comezou a adestrar a Begoña Garrido e afrontar xunto a ela o longo periplo olímpico.

A tiradora bilbaína, que xa estivo a piques de pasar o corte para Río 2016, quedou en postos de clasificación olímpica o ano pasado cando se suspenderon todas as probas internacionais por mor da COVID-19. O atraso do Europeo de Eger (Hungría) e la Copa do Mundo de Brasil ata Decembro deixan á deportista, a falla da confirmación oficial pola Federación Internacional de Deportes Adaptados (IWASF) en postos clasificatorios para  Tokio 2021 e a Xosé Piñeiro preseleccionado polo Comité Paralímpico Español para acompañala a esta atípica edición dos Xogos Paralímpicos.

Xosé Piñeiro é un histórico da esgrima galega, e o principal difusor da esgrima deportiva en Compostela. Nos últimos anos especializouse na esgrima en cadeira de rodas, modalidade que espera incorporar a Compostela Esgrima, o club santiagués do que é fundador e presidente e no que adestran máis de 60 deportistas de todas as idades.

Comentarios
Lo más