Semana de cortes de tráfico en Compostela
Cortes de tráfico en Ramón Cabanillas, Campo de Conxo,Concheiros e San Clemente
Corte na rúa de Ramón Cabanillas
Este sábado 17 de abril, dende as 8,00 ata as 12,00 horas, a rúa de Ramón Cabanillas vai quedar cortada ao tráfico por mor da reparación dos colectores de residuos soterrados. Neste tempo só se permitirá o paso aos garaxes da rúa, que se realizará dende a rúa da República Arxentina.
Corte de tráfico no Campo de Conxo
Continuando coas obras do Camiño de Santiago na zona de Conxo, a partir do vindeiro luns 19 de abril, e durante un mes, a rúa do Campo de Conxo quedará cortada totalmente ao tráfico. Xa non poderán entrar nin saír vehículos dende a rotonda da avenida de Antón Fraguas.
O acceso para os residentes e para a carga e descarga desta rúa farase pola Benéfica de Conxo, dende a nova glorieta construída á altura de Televés, que tamén se utilizará para a entrada e saída da rúa da Fervenza e da travesa de Conxo. O desvío interior polas instalacións do Sergas para os residentes da rúa da Fervenza queda anulado.
Corte de tráfico na rúa Concheiros
No que respecta ás obras na rúa dos Concheiros, o luns 19 comeza a colocación de instalacións para os número pares, motivo polo cal se pechará tamén a rúa no sentido de circulación cara á avenida de Lugo. Permitirase o paso a residentes e carga de descarga.
Transporte urbano
Ao desvío que están a realizar as liñas 9, 13 e C5, súmase a liña C11 a partir do luns 19 de abril.
*Novo desvío na liña C11: desde Virxe da Cerca desviarase por San Roque, Basquiños, Pastoriza, Ánxel Casal e Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario cara Fontiñas a partir da avda. de Lugo.
Paradas suprimidas: 397, Porta do Camiño; 511, rúa de San Pedro nº 58; 219, Cruceiro de San Pedro; 197, Concheiros nº 64.
Paradas alternativas no desvío: 572, San Roque / 367, Pastoriza nº 22 / 535, Rodríguez de Viguri. (Concheiros) (1) A liña C11 realizará a parada 535 nos dous sentidos de circulación da liña, tanto cando vai de Fontiñas a Xeneral Pardiñas, como cando ven desviada desde San Roque ata Fontiñas.
*Desvío actual nas liñas 9, 13 e C5, nos traxectos desde Fontiñas e avda. de Lugo en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval: desvío pola avda. Rodríguez de Viguri, Ánxel Casal, Pastoriza e rúa de San Roque, continuando desde ahí cos seus itinerarios habituais.
Paradas suprimidas: 196, Concheiros nº 39; 220, Cruceiro de San Pedro; 154, Campo da Angustia; 557, San Domingos de Bonaval; 639, Valle Inclán (La Salle). Paradas alternativas no desvío: 366, Pastoriza nº 103A. / 573, San Roque nº 21.
Corte na rúa de San Clemente
Dende o martes 20 e ata o venres 30 de abril a rúa de San Clemente vai quedar cortada ao tráfico por mor da reparación da súa calzada. Os traballos realizaranse en dúas fases:
- A primeira fase a executar vai dende a entrada do aparcamento en superficie do Campo de San Clemente, que queda liberada, ata o cruzamento coa ruela de San Clemente. A este tramo, durante seis días, non poderá acceder ningún vehículo, co que se producirán os seguintes cambios:
* Eliminación da parada de taxi existente na avenida de Figueroa para situala na avenida de Xoán Carlos I, ocupando a metade do espazo dedicado a aparcamento de motos.
* Eliminación da carga e descarga da avenida de Figueroa e das dúas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida situadas na avenida de Rodrigo de Padrón. Habilítase o dobre sentido de circulación na avenida de Figueroa para posibilitar a entrada ao parking soterrado, á Policía Nacional, Correos e ao Instituto Rosalía de Castro.
- A segunda fase, na que se manteñen os cambios antes mencionados, afecta á subida da rúa de San Clemente ata a avenida de Rodrigo de Padrón. O corte será só desta rampla, e a partir dese momento a circulación queda aberta no tramo anterior para os usuarios dos garaxes, do parking soterrado e para o instituto de FP.