miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Fundación Andrea transforma a unidade de atención temperá do CHUS

A Fundación Andrea transforma a unidade de atención temperá do CHUS
A Fundación Andrea transforma a unidade de atención temperá do CHUS

A Xerente da Área Sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca e o xefe do servizo de Rehabilitación da área, Jesús Figueroa, entre outros, visitaron hoxe as instalacións da Unidade de Atención Temperá do CHUS que grazas á Fundación se converten nun espazo máis amable, confortable e lúdico.

Esta intervención implicou a renovación da pintura en todos os seus espazos, reposición do mobiliario das zonas comúns destinados a pais e nenos, a instalación de grandes biombos móbiles deseñados expresamente para a Fundación nas que se recrearon, amais, a sensación de estar nun invernadoiro de bolboretas que sobrevoan suspendidas na cúpula da unidade.

Co esta nova intervención, son xa máis de 80 os espazos pediátricos decorados nos diferentes hospitais galegos pola Fundación Andrea, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, nos que se pretende facer máis agradable  a estadía nos hospitais dos nenos e nenas e das súa familias.

 

Comentarios
Lo más