miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xoves soleado en Compostela

Xoves soleado en Compostela
Xoves soleado en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 20 graos

O xoves continuaremos nunha situación intermedia entre as altas presións centradas sobre as Illas Británicas e as baixas presións do norte de África. Agárdase así un día de ceos con poucas nubes, con algunhas de tipo alto que non impedirán o paso do sol. As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento soprará do nordés moderado na metade norte, con intervalos fortes no litoral norte.

En Santiago, prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más