Tregua de chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 22 graos
O mércores Galicia quedará na influencia dun centro de baixas presións situado ao sur da Comunidade que deixará unha xornada de certa inestabilidade atmosférica, con aire cálido en superficie, pero frío nas capas altas da atmosfera. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto, coa posibilidade de que se rexistre algún chuvasco ocasional. As temperaturas ascenderán, especialmente as máximas. O vento soprará de compoñente leste frouxo en xeral, forte no litoral norte.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.