miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Lanzan 45.000 bonos de ata vinte euros para comprar no comercio local

Lanzan 45.000 bonos de ata vinte euros para comprar no comercio local
Lanzan 45.000 bonos de ata vinte euros para comprar no comercio local

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo un novo encontro coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela, no que se trataron varios asuntos; entre eles, as bases do terceiro plan de reactivación económica para os sectores que máis de cerca están padecendo as consecuencias das medidas restritivas ditadas para frear a pandemia, neste caso o comercial.


En relación coa convocatoria de axudas prevista para este mes de abril, Sánchez Bugallo, indicou que se lles expuxo a nova situación, tras coñecerse a liquidación definitiva e, polo, tanto, a contía do remanente de tesourería dispoñible. "Todos recoñecen que é a maior convocatoria de axudas coñecida en ningún concello do que teñamos referencia", salientou o alcalde e inciden "na urxencia de que saian o antes posible, en todo caso neste mes".

En segundo lugar, na xuntanza abordouse o tema dos criterios de reparto desas axudas. "Presentouse unha proposta por parte do departamento de Comercio que foi aceptada por unanimidade e que, polo tato, quedou aprobada na reunión de hoxe", confirmou o rexedor.

A terceira cuestión, o bono compra. A este respecto tomáronse tres decisións: que se aplicará a partir do 1 de setembro, "para que non coincida no tempo co da Xunta"; en segundo lugar, que se xestionará, "previsiblemente a través dun código QR"; e, en terceiro lugar, "aínda que non quedou totalmente pechado, que se prevé unha axuda de 10 euros por compras iguais ou superiores a 30 euros, e de 20 euros por compras iguais ou superiores a 50 euros". Isto permite, sinalou Sánchez Bugallo, "se se aproba a proposta de destinar a este concepto 600.000 euros", dispoñer aproximadamente duns 45.000 bonos: 30.000 de 10 euros e 15.000 de 20 euros.

O cuarto tema tratado na reunión foi o Prima 21. Na xuntanza acordouse "que se vai celebrar e a data elixida foi a primeira fin de semana do mes de xuño", polo que, "nos poñemos a traballar" con ese obxectivo.

Por último, falouse da posibilidade de asinar os convenios para a posta en marcha dos bonos aparcamento, "contando con que entren en vigor os orzamentos de 2021 ao longo da próxima semana". O obxectivo é que estean operativos no mes de maio. 
Comentarios
Lo más