miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza con sol e fresco

A semana comeza con sol e fresco
A semana comeza con sol e fresco

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 3 e os 17 graos

As altas presións localizaranse ao norte da península Ibérica durante o luns, achegando estabilidade. Deste xeito os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, con nubes altas entrando dende o sur co avance da xornada. As temperaturas mínimas descenderán, quedando unha madrugada moi fría, con algunhas xeadas no interior, mentres que as máximas comezarán a recuperarse e ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente leste, con intervalos fortes no litoral norte.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o martes pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso notable.

Comentarios
Lo más