miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo con chuvia e fresco

Domingo con chuvia e fresco
Domingo con chuvia e fresco

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 11 graos

Galicia atoparase nesta xornada nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, cun corredor de isóbaras que achegará aire frío procedente do norte. Con esta situación, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos no terzo norte que ocasionalmente poderán ser de neve en cotas arredor dos 1000 metros. Pola tarde non se agardan chuvias e iranse abrindo grandes claros. As temperaturas baixarán, cun descenso máis acusado nas máximas, que marcarán valores moi baixos para a época do ano. Os ventos soprarán de compoñente norte, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e ó final do período, aínda que cara a metade do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o domingo pola mañá e o martes pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más