miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo baixo o sol en Compostela

Domingo baixo o sol en Compostela
Domingo baixo o sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 19 graos

As altas presións localizadas no Atlántico continuarán dominando a situación meteorolóxica en Galicia, achegando estabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada de ceos en xeral pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento no litoral cantábrico. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas apenas terán cambios. Os ventos soprarán do nordés, máis intensos na metade norte, onde acadarán intervalos fortes.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios.

Comentarios
Lo más