miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello amplía ata o 31 de maio a autorización para colocar terrazas en zonas reservadas ao aparcamento

O Concello amplía ata o 31 de maio a autorización para colocar terrazas en zonas reservadas ao aparcamento
O Concello amplía ata o 31 de maio a autorización para colocar terrazas en zonas reservadas ao aparcamento

O pasado 23 de outubro o Concello autorizaba, mediante decreto do alcalde, a ocupación destas zonas de forma excepcional e, como máximo, ata o 5 de abril de 2021. Este prazo amplíase ata o 31 de maio co obxecto de axudar a paliar as consecuencias das restricións para frear a pandemia no sector da hostalería e a restauración, dado que estas seguen vixentes.

Mantéñense as mesmas condicións que as ditadas o pasado outubro, deste xeito, a ocupación segue limitada a dúas prazas de aparcamento por terraza, como máximo, que poderán ser, no seu caso, prazas de aparcamento regulado. O espazo ten que delimitarse con elementos de separación, estruturas de pechamento de carácter desmontable lixeiras e carentes de cimentación, debidamente sinalizadas, que cumpran os requisitos de accesibilidade, e as prazas de aparcamento destinadas a carga e descarga soamente poderán ser utilizadas despois do horario destinado a tal fin.


Así mesmo, non se permite a ocupación simultánea da beirarrúa e da calzada. A autorización de ocupación da calzada con terraza determinará a imposibilidade de ocupar con estas instalación a beirarrúa, que deberá quedar expedita para garantir o tránsito peonil sen atrancos, respectando as normas de distanciamento social.

No suposto de que a terraza a instalar se leve a cabo en viario incluído no ámbito da Cidade Histórica (Plan Especial-1) os elementos de separación deberán contar co ditame favorable da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.

O resto das condicións e circunstancias que afecten á ocupación e instalación destas terrazas rexerase polas disposicións contidas na Ordenanza Municipal de Terrazas e Quioscos de Hostalería. 

Comentarios
Lo más