miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xoves Santo pasado por auga

Xoves Santo pasado por auga
Xoves Santo pasado por auga

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 19 graos

O xoves quedaremos na influencia dunha borrasca pouco profunda situada ao oeste de Galicia que nos traerá unha xornada de moita inestabilidade atmosférica. Teremos así un día de ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto, ocasionalmente de carácter tormentoso. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios ou en lixeiro descenso e as máximas sufrirán un notable descenso. O vento soprará moderado de compoñente sur pola mañá e quedará frouxo de dirección variable a partir do mediodía.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán altas para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que descenderán notablemente.

Comentarios
Lo más