miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Día de calor antes dunha Semana Santa con fresco e chuvia

Día de calor antes dunha Semana Santa con fresco e chuvia
Día de calor antes dunha Semana Santa con fresco e chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 25 graos

A situación dunha baixa ó sudoeste de Portugal impulsará unha masa de aire cálido e seco a Galicia. Deste xeito, agárdanse ceos con poucas nubes, nubes altas na súa maioría que non impedirán o paso do sol. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos en xeral.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o xoves. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso notable, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más