miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Propoñen un cambio de emprazamento dos colectores de lixo situados á beira de edificios emblemáticos e monumentos

Propoñen un cambio de emprazamento dos colectores de lixo situados á beira de edificios emblemáticos e monumentos
Propoñen un cambio de emprazamento dos colectores de lixo situados á beira de edificios emblemáticos e monumentos

Como exemplo, o BNG sinala o colector de plástico verde situado na fachada de San Martiño Pinario, recentemente declarado Ben de Interese Cultural

O BNG de Santiago reclámalle ao Goberno local que revise coa empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo o emprazamento dos colectores de residuos, pois algúns están situados á beira de edificios emblemáticos e de monumentos da Cidade histórica.

Segundo explicou a concelleira Navia Rivas, o BNG recibiu queixas da localización de colectores de residuos que se encontran a carón de monumentos e de edificios emblemáticos da Cidade histórica, cando poderían situarse en lugares máis discretos sen afear a imaxe da contorna. Como exemplo, sinala “o colector de plástico verde situado na fachada de San Martiño Pinario, recentemente declarado Ben de Interese Cultural”, engadiu.

Nesta situación en que moitos dos colectores se encontran coa cuberta aberta, para evitar o contacto directo como medida de prevención da pandemia da covid-19, o feito de que estean nestas localizacións resulta un problema, agravado polos cheiros que desprenden ao depositar o lixo fóra de horario estabelecido, tanto para a veciñanza como para as persoas que transitan pola Cidade histórica e que queren contemplar certos bens patrimoniais.

Comentarios
Lo más