Martes con chuvia en Compostela
08:00 30/03/21
08:00 30/03/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 24 graos
Situación intermedia entre as altas presións en Europa Central e unha baixa centrada en Azores. Deste xeito, agárdanse ceos con nubes de tipo medio e alto, con posibilidade de chuvascos treboentos pola tarde,máis probables no interior. As temperaturas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente leste.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o martes pola tarde e o xoves. En canto ás temperaturas, serán altas para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.