miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello do Pino insta a axilizar a chegada de fibra óptica a 71 núcleos excluídos do plan de banda larga

O Concello do Pino insta a axilizar a chegada de fibra óptica a 71 núcleos excluídos do plan de banda larga
O Concello do Pino insta a axilizar a chegada de fibra óptica a 71 núcleos excluídos do plan de banda larga

Amtega remitiulle unha listaxe de 63 lugares nos que rematará a instalación de banda larga este ano

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, vaille pedir a Xunta, Goberno central e operadoras que axilicen a chegada da fibra óptica aos 71 núcleos de poboación que quedan excluídos do Plan de banda larga 2020 da Xunta e do Programa de extensión de banda larga de nova xeración da administración xeral do Estado, que se teñen que acabar de acometer ao longo deste ano 2021.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) contestou ao escrito que o rexedor lle enviou a pasada mesma semana para saber cantos núcleos de poboación do Pino ían contar coa banda longa este ano.

Especifica o informe de Antega que os lugares de Amarelle e Bugalleira contan xa co servizo grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e relaciona outros 63 núcleos beneficiarios das subvencións contempladas no Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, dependente do Goberno central, que remata o 31 de decembro.

Sen embargo, quedan fóra destes plans un total de 71 núcleos do Pino, motivo polo que o alcalde esixirá agora que sexan incluídos sen falta na próxima convocatoria, de xeito que toda a veciñanza do municipio poida dispor dunha conexión a internet de altas prestacións o máis axiña posible.

Os núcleos excluídos dos programas actuais e para os que o Concello vai solicitar a conexión son os que se relacionan a continuación en cada unhas das parroquias do municipio:

Arca: O Burgo, Outeiro, Picón e Samil.

Budiño: Porta de Roxos, A Fontaíña, A Voutureira, As Cancelas, Carolliño, Fixó, O Couto, O Campo, O Cruceiro, Parañoa, Pazos de Arriba, Pazos de Abaixo, Regodauga e San Migueliño

Cebreiro: Casal e O Pazo

Castrofeito: Rial, Samil, Tixoliño e A Figueiroa.

Cerceda: O Vilar, Vilarmeao e San Miguel

Gonzar: A Igrexa, Cabanelas, O Carballiño, Os Castriños, Gonzar, O Lameiro, Rabal de Arriba e San Gregorio

Lardeiros: A Igrexa, Casacuberta, Domés, O Casal, Pereirameá, Piñeiro, Pulleira e Vilaseco

Medín: Cabaleiros, Cerdeira, Cimadevila, Setas, Sobrado e O Porto Outeiro.

Pereira: A Igrexa, O Ameneiral e O Castro.

O Pino: Vermás e O Vento

San Breixo: A Igrexa, A Torre, O Casal, Lengüelle e Outeiro

San Mamede: A Igrexa, Aquelavila, Calle, Frechazo Primeiro, Frechazo Último, Margaride, O Vilar, Rourís

Pastor: Barcia, A Pena, Ponte Carreira, Ombre, A Igrexa, Liñares, Gándara, Currás, Casanova e Fonteseca. 

Comentarios
Lo más