miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xosé Manuel Méndez ‘Pitelos’ estrea unha mostra de pintura e escultura surrealistas na Asociación Área Empresarial do Tambre

Xosé Manuel Méndez ‘Pitelos’ estrea unha mostra de pintura e escultura surrealistas na Asociación Área Empresarial do Tambre
Xosé Manuel Méndez ‘Pitelos’ estrea unha mostra de pintura e escultura surrealistas na Asociación Área Empresarial do Tambre

A exposición “Voandeiros” está composta por trinta pezas –pinturas ao óleo sobre táboa de piñeiro e esculturas de  técnica mixta– e poderase ver ata o 23 de abril no Centro Empresarial do Tambre

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugura o luns, 29 de marzo, unha nova exposición de pintura e escultura do artista Xosé Manuel Méndez, coñecido no mundo da arte como ‘Pitelos’, nun horario especial de 18:00 a 21:00 horas para respectar e facilitar a distancia social obrigada coa presenza do artista. A mostra, “Voandeiros” estará aberta ao público ata o 23 de abril na sala de exposicións do Centro Empresarial do Tambre de Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

A exposición está composta por unhas trinta obras. No caso das pinturas, a maioría son óleos sobre táboa de piñeiro, e nas esculturas o artista mestura diferentes materiais, é dicir, usa técnica mixta con combinación de cristal e poliestireno para rematar as creacións con pintura ao óleo.

Pitelos regresa con esta mostra ao surrealismo facendo que un elemento tan propio na súa obra, como é o ovo, sexa o soporte desta orixinal serie. O creador explica que os voandeiros son elementos que recordan a ovos suspendidos no aire que van navegando lentamente, recreados nas pezas de forma surrealista. “O ovo é o xerme de toda vida e está presente desde sempre como un elemento simbólico e vital nas miñas obras” –sinala–.

Tamén destaca Pitelos que todas as obras desta mostra teñen forma de ovo ou intención de crear esa morfoloxía, sempre cunha percepción figurativa. Mesmo indica que tres daspinturas representan ovos do coronavirus, cadros creados durante o primeiro confinamento de 2020.

Un artista santiagués polivalente

Xosé Manuel Méndez Rodríguez naceu en Santiago de Compostela en 1956. Dedicase á pintura desde 1972, ano no que realiza a súa primeira exposición. É fundador do grupo F.O.GA., e participa de experiencias no mundo da pintura, escultura, fotografía, happening, etc. Nos anos oitenta incorpórase ao mundo audiovisual, vídeo, cine, teatro, danza, e ópera por toda a xeografía española.

Xa de volta en Santiago crea unha empresa dedicada á arte efémera. En 2002 reincorpórase ao mundo da pintura por medio da actualización de pasaxes mitolóxicas gregas trasladadas a espazos actuais.

En 2006 participa na exposición “Contos Dixitais” para o Centro Galego de Arte Contemporánea, e neste mesmo espazo artístico expón más recentemente con ”Ovo Vitae” onde reflexiona sobre a orixe da vida, e “Santiago Marítimo”, caso hipotético de Santiago de Compostela a nivel do mar.

As mostras mais representativas destes últimos anos foron “Consolart”, serie na que este artista pon un pé na escultura; “Míticos no Leito”, oitenta composicións na que diversosprofesionais do audiovisual galego posan coma persoeiros da mitoloxía grega; e “Retratoscon Alegoría”, dúas mostras realizadas e baseadas en representacións alegóricas, recopiadas por Cesare Ripa no Renacemento. Tamén crea outras expresións artísticas,como “Senti2” onde realiza un retablo de 8 metros de altura e figuras alegóricas de gran formato representando os cinco sentidos.

Comentarios
Lo más