miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza sen cambios, con sol e calor

A semana comeza sen cambios, con sol e calor
A semana comeza sen cambios, con sol e calor

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 23 graos

As altas presións continuarán dominando a situación atmosférica en superficie pero a presenza dunha baixa no Atlántico, entre Madeira e Canarias introducirá aire frío nas capas altas ocasionando certa inestabilidade. Agardamos polo tanto unha mañá de ceo despexado, medrando nubes de evolución pola tarde que poderían deixar algún chuvasco treboento. Temperaturas mínimas en moderado ascenso; máximas sen cambios ou en lixeiro descenso. Os ventos soprarán en xeral frouxos de dirección variable, con predominio do sueste.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso moderado.



Comentarios
Lo más