miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Convidan á veciñanza a unha plantación de árbores autóctonas no parque municipal de Brión

Convidan á veciñanza a unha plantación de árbores autóctonas no parque municipal de Brión
Convidan á veciñanza a unha plantación de árbores autóctonas no parque municipal de Brión

Castiñeiros e carballos

A Asociación pola Recuperación do Bosque Autóctono (ARBA) e a asociación cultural e medioambiental “O Esquío no Piñeiro”, en colaboración co Concello de Brión, organizaron este sábado 27 de marzo, ás 18:00 horas, unha plantación de árbores autóctonas no parque municipal de Brión, emprazado a carón do campo de fútbol municipal e da entrada/saída da autovía.

Unha convocatoria aberta a todos os veciños e veciñas de Brión que desexasen apadriñar un dos castiñeiros ou dos carballos que se plantaron este sábado. 

Esta non é a primeira vez que este parque municipal acolle unha iniciativa semellante. De feito, entre 2010 e 2014 realizáronse plantacións en distintos puntos deste espazo verde, organizadas por “O Esquío no Piñeiro” en colaboración co Concello de Brión.

Comentarios
Lo más