miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santiago de Compostela acolle esta fin de semana tres campionatos de España de loitas olímpicas

Santiago de Compostela acolle esta fin de semana tres campionatos de España de loitas olímpicas
Santiago de Compostela acolle esta fin de semana tres campionatos de España de loitas olímpicas

O pavillón municipal de Santa Isabel, acolle este sábado 27 e domingo 28 de Marzo, tres campionatos de España de loita nas tres modalidades olímpicas: loita feminina, loita libre olímpica e loita grecorromana. Presentárono esta mañá a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; Miguel Ángel Sierra, vicepresidente da Federación Española de Loitas Olímpicas e Pablo Rubén Pintos, responsable do campionato.

Os tres campionatos, organizados pola Federación Galega de Loita en colaboración co concello de Santiago, a Secretaría Xeral para o Deporte de España, a Federación Española de Luchas Olímpicas, e o Club de Loita Stellae e distintos patrocinadores privados; son:


- Campionato de España escolar U-15 de loitas olímpicas.

- Campionato de España cadete U-17 de loitas olímpicas.

- Campionato de España U-23 de loitas olímpicas.

A concelleira de Deportes destacou o alto número de inscricións nos tres campionatos, 512, cos mellores deportistas nacionais desta modalidade, procedentes de 15 comunidades autónomas. Esther Pedrosa lembrou que se seguirán, como sempre, os protocolos e normativas anticovid, polo que a competición será sen público, pero poderán verse en liña a través da plataforma da Federación Española. A pesares das restricións, "hai unha estimación de máis de 120.000 euros que revertirán na cidade, o que é moi importante nestes momentos", sinalou a concelleira.

Pablo Pintos agradeceu as facilidades dadas polo concello de Santiago, para albergar, sinalou "o campionato máis grande de España que hai neste 2021". Nunha situación como a actual, Pintos asegurou que o importante "é pór en marcha o deporte. O deporte xera ilusión, afiliacións, licenzas e neste caso un retorno económico importante, focalizado na hostalería".

Estes tres campionatos son a primeira competición nacional organizada en Santiago de Compostela dende o ano 2019. Este fin de semana será o punto de arranque desta nova tempada, marcada pola seguridade e os protocolos COVID, establecendo un marco único de seguridade para todos os participantes. A obrigatoriedade de facer os test de antíxenos naseo-farínxeos, previos a competición, así como test aleatorios no Hotel OCA Puerta del Camino, onde estarán todos os equipos aloxados, formando unha burbulla de seguridade, será a grande novidade de estes eventos.

Campionato
Estes tres campionatos serán unha proba selectiva para participar nos campionatos de Europa e do Mundo deste ano, segundo subliñou Miguel Ángel Pinto, quen destacou que "este é o campionato máis grande que se vai organizar en 2021". Se non fose pola pandemia, sinalou "virían a Santiago case 5.000 persoas", entre deportistas, organizadores e familiares.

A competición desenvolverase no pavillón municipal de Santa Isabel en tres períodos de tempo diferenciados, para separar os deportistas. O sábado 27, de dez da mañá a dúas do mediodía, terá lugar o campionta de España Escolar. Xa pola tarde, de catro a oito, desenvolverase o campionato de España cadete. E o domingo, 28, de dez a dúas, o campionato de España U-23, que son os que pasarán á selección absoluta.

As adestradoras e adestradores nacionais estarán moi pendentes dos resultados dos/as deportistas para confeccionar as diferentes seleccións españolas, de cara as vindeiras citas continentais e mundiais. Destaca o aumento no número de deportistas femininas que compiten, sendo Galicia Galicia un dos referentes a nivel nacional no deporte feminino.

Catro dos árbitros convocados polo Colexios Nacional de Xuíces Árbitros, pertencen ao colexio galego. Ademais, Galicia presenta a cinco mulleres árbitros para o ascenso a categoría nacional. 

Comentarios
Lo más