Venres de chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os
O venres chegará unha fronte fría a Galicia a partir do mediodía. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con posibilidade de chuvias febles no litoral atlántico. A partir do mediodía o paso da fronte deixará chuvascos nas provincias da Coruña e Lugo e norte da provincia de Pontevedra. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do sudoeste frouxo pola mañá, virando a noroeste, moderado pola tarde para volver a rolar pola noite a nordés.
En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o venres. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado, a pesar de que oscilarán.