miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chegan máis nubes preludio dun venres con chuvia

Chegan máis nubes preludio dun venres con chuvia
Chegan máis nubes preludio dun venres con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 16 graos 

Durante as primeiras horas do xoves unha fronte fría moi pouco activa chegará a Galicia deixando un aumento de nubes baixas no terzo norte, con posibilidade dalgún orballo illado e ocasional, mentres que no centro e sur da Comunidade os ceos permanecerán pouco nubrados, con nubes de tipo medio e alto. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo, de dirección variable pola mañá e de compoñente oeste o resto da xornada.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o venres pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que ascenderán lixeiramente.

Comentarios
Lo más