Día máis fresco e con nubes e claros
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 15 graos
Galicia atoparase nunha situación meteorolóxica moi indefinida, entre as altas presións dos Azores e as baixas que se moven polo Atlántico norte. Isto deixará unha xornada de ceo con nubes de tipo alto en xeral e nubes baixas máis compactas na provincia da Coruña e norte da provincia de Pontevedra. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos do suroeste.
En Santiago teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán moderadamente.