miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preguntan ao Concello cal é a política de colocación e retirada de pancartas en Santiago

Preguntan ao Concello cal é a política de colocación e retirada de pancartas en Santiago
Preguntan ao Concello cal é a política de colocación e retirada de pancartas en Santiago

Os Populares solicitarán aos responsables municipais que expliquen o motivo polo que, desde hai máis de dous anos,permanece algunha pancarta na entrada do paseo principal da Alameda, un espazo de especial protección patrimonial

O Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno ordinario deste mes unha pregunta para que o Goberno local explique cal é a política de colocación e retirada das pancartas, especialmente en espazos públicos merecentes de especial protección patrimonial.

Concretamente, os Populares vanlle solicitar aos responsables municipais que indiquen o motivo polo que, desde hai máis de dous anos, permanece algunha pancarta na entrada do paseo principal da Alameda.

Os Populares consideran incrible que o Goberno de Sánchez Bugallo asuma a “política pancarteira” de Compostela Aberta que nun decreto de 2018 -posteriormente ratificado polo Goberno local- deu por válida a instalación dunha nova tipoloxía de pancartas, a “pancarta permanente” (sic), tal e como se recolle en varios decretos municipais.

A xuízo do Grupo Municipal Popular esta tipoloxía autorizatoria contravén as normas municipais, especialmente, en espazos merecentes dunha especial protección patrimonial; normas que si contemplan unha colocación esporádica de pancartas con ocasión dalgunha manifestación ou efeméride concreta ou limitada no tempo.

Os Populares temen que espazos públicos como o paseo central da Alameda acaben convertidos nun “pancartómetro”.

Comentarios
Lo más