Continúa o tempo primaveral en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 17 graos
As altas presións continuarán unha xornada máis ao norte da península Ibérica, polo que a estabilidade será predominante. O ceo estará en xeral pouco nubrado ou despexado, con néboas matinais ao principio da mañá no interior. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios ou en lixeiro ascenso, mentres que as máximas non terán cambios, agár no extemo norte onde ascenderán mesmo de xeito notable. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, cambiando a oeste pola tarde.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que descenderán moderadamente.