Sábado soleado en Compostela
08:00 20/03/21
08:00 20/03/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 13 graos
Galicia mantense na influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés que traerán unha masa de aire moi frío. Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con intervalos de nubes baixas durante a mañá no terzo norte. As temperaturas sufrirán un novo descenso, aumentando a sensación de frío debido ao intenso e persistente vento do nordés.
En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.