A ponte empeza con nubes
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 14 graos
Aínda estando baixo influencia anticiclónica, durante o venres unha fronte pouco activa chegará ao norte e leste de Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes nas provincias da Coruña e Lugo, onde se rexistrarán precipitacións máis probables canto máis ao norte e que poderán ser de neve en cotas arredor dos 1100 m. Na metade sur comezaremos a xornada cos ceos despexados e co avance da mañá quedaremos con alternancia de nubes e claros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados en xeral, fortes no litoral norte e nas zonas altas.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios.