miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

300.000 euros para reformar o centro de saúde de Bertamiráns

300.000 euros para reformar o centro de saúde de Bertamiráns
300.000 euros para reformar o centro de saúde de Bertamiráns

Procederase ao cambio da cuberta, pintado exterior e interior, reforma integral da iluminación, cambios na distribución interior e na eficiencia enerxética, así como nos accesos desde o exterior por un prazo de 5 meses

A Xunta de Galicia inicia estes días a reforma do Centro de Saúde de Bertamiráns que contará cun investimento de 307.481 euros e ten un prazo de 5 meses para a súa execución. A reforma conlevará a substitución da cuberta, o pintado exterior e interior, a reforma integral da iluminación. Tamén se realizarán cambios na distribución interior, gañando o espazo antes dedicado a gardar historias clínicas en papel, na comunicación co PAC e nos acesos desde o exterior. Así mesmo levaranse a cabo diversas obras para a mellora da eficiencia enerxética.

No acto de inicio desta actuación, a xerente da área sanitaria compostelá, Eloína Núñez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor e membros do concello de Ames, a xerente lembrou o incremento de profesionais sanitarios do centro (1 médico e 1 enfermeira) a destacou a apertura dun novo centro de saúde en Milladoiro, que incorpora a consulta de odontoloxía, hixienista dental e fisioterapia ao concello de Ames. Así mesmo subliñou que se valorou “a posible ampliación de consultas para os profesionais” no centro de saúde de Bertamiráns cuxa viabilidade pasa pola cesión de terreos adxacentes por parte do concello.

Comentarios
Lo más