Corte ao tráfico da rúa da Rapa da Folla
06:30 22/03/21
06:30 22/03/21
Por reparación dos sumidoiros existentes
Dende o luns día 22 de marzo, ás 8:30 h. ata as 8:00 h. do xoves 25, a rúa da Rapa da Folla vai quedar cortada ao tráfico por mor das obras de reparación dos sumidoiros existentes. Esto supón que ademáis do corte da propia rúa, se corte tamén á circulación a rúa da Carreira do Conde, á que só poderán acceder os residentes e a carga e descarga, entrando e saíndo dende a rúa Xeneral Pardiñas.
Para acceder á rúa de Montero Ríos os vehículos deberán entrar dende a praza de Vigo e a rúa Nova de Abaixo.