Continúa o sol pero arrefría o tempo en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 14 graos
O xoves seguiremos con estabilidade na atmosfera e circulación do nordés. Con esta situación, comezaremos a xornada con intervalos de nubes baixas na metade norte e nubes altas no resto. A partir do mediodía os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos e as máximas sufrirán un moderado descenso, mesmo notable na metade sur. O vento soprará do nordés moderado con intervalos fortes no litoral da Costa da Morte.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que descenderán notablemente.