miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

R desprega a súa nova tecnoloxía de fibra nos polígonos santiagueses de Costa Vella e Tambre

R desprega a súa nova tecnoloxía de fibra nos polígonos santiagueses de Costa Vella e Tambre
R desprega a súa nova tecnoloxía de fibra nos polígonos santiagueses de Costa Vella e Tambre

 O cambio de tecnoloxía da rede rede de R en áreas industriais compostelás beneficia a case 800 empresas e emprendedores/as que

poden navegar a velocidades ultrarrápidas, con maior seguridade e estabilidade

Un total de 780 empresas e emprendedores/as dos polígonos industriais de Costa Vella e Tambre, na área de Santiago de Compostela, poden beneficiarse xa das melloras da rede de R, que vén de despregar unha nova tecnoloxía de fibra óptica que ofrece velocidades de ata 1 Xigabit simétrico, con maior seguridade e con accesos á rede moito máis estables e homoxéneos.

R, coas áreas industriais de Galicia

A aposta de R para despregar esta nova tecnoloxía na súa rede de fibra aplica tamén noutras zonas industriais da comunidade e é un eixe de actuación que permite ofrecer unha mellora destacada do seu servizo nun total de 24 polígonos empresariais de Galicia, que aglutinan preto de 9.000 empresas e autónomos/as, un 8% desa cifra nestas áreas compostelás.

Estas actuacións enmárcanse nos plans anuais da compañía e no contexto dun intenso traballo global para optimizar e mellorar a calidade, cobertura e potencia da súa rede de fibra e ofrecerlles, deste xeito, os servizos máis avanzados ás empresas galegas.

Agora, con esta nova tecnoloxía para as áreas industriais galegas, R segue amosando o seu esforzo permanente por estar a carón das empresas da comunidade, obxectivo prioritario ao que se lle ten dado un gran pulo, aínda maior nos últimos meses, ante unha conxuntura tan extraordinaria como ten sido a da pandemia, que multiplicou de xeito excepcional o uso das telecomunicacións nos fogares e empresas de Galicia a todos os niveis.

Comentarios
Lo más