miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As obras do Camiño en San Lázaro provocarán cortes de tráfico

As obras do Camiño en San Lázaro provocarán cortes de tráfico
As obras do Camiño en San Lázaro provocarán cortes de tráfico

En relación coas obras do Camiño de Santiago no treito de San Lázaro, a empresa encargada da execución vai proceder a realizar o asfaltado da calzada no tramo comprendido entre a Ponte de San Lázaro e a rotonda que dá acceso ao Pazo de Congresos nas noites do domingo 21 ao luns 22 e de luns 22 a martes 23. Isto conleva que a primeira noite este tramo quede cortado ao tráfico dende as 23,30 a 6,00 horas. Na noite do luns, o peche será dende as 22,00 ás 6,00.


A circulación desviarase polas rúas de Miguel Ferro Caaveiro e Fernando Casas Novoa, rúa das Estrelas e Costa de San Marcos.

Transporte público

Por mor deste corte a liña 6 realizará o seguinte desvío: *Servizos da liña 6 afectados: os que pasan pola zona comprendidos entre as 22:00 do luns 22 e a finalización do servizo dese día. Os servizos de inicio da liña a partir das 6:00 do martes 23 poderán realizar o itinerario habitual sen desvíos.

*Sentido San Marcos e Aeroporto: desde a rúa de San Lázaro, os autobuses desviaranse pola rúa Miguel Ferro Caaveiro (Pazo de Congresos), rúa das Estrelas (acceso pola rotonda baixo a SC-20) e rúa de San Martiño, para enlazar co seu itinerario habitual ao inicio da costa de San Marcos.

Queda suprimida a parada 396, Ponte de San Lázaro, sentido de subida a San Marcos. Parada alternativa máis próxima: rúa de San Lázaro, no desvío ao Palacio de Congresos.

*Sentido centro - Os Tilos: con itinerario habitual ata a parada do hotel Santiago Apóstolo. Desde aí desviaranse pola rúa de San Martiño, rúa das Estrelas e rúa Miguel Ferro Caaveiro (Pazo de Congresos), retomando o itinerario habitual na rúa de San Lázaro.

Queda suprimida a parada 385, Ponte de San Lázaro, sentido centro. Parada alternativa máis próxima: rúa de San Lázaro, museo Pedagóxico.

Comentarios
Lo más